• Club de lectura

    O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne unha vez ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda dunha coordinadora. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións. […]

  • A hora dos contos: Caxoto: LUÍSA VILLALTA: ADAGIO!. Día das Letras Galegas

    A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos Caxoto co seu espectáculo: LUÍSA VILLALTA: ADAGIO!. Está a piques de comezar o […]

  • VII Intervención artística urbana “Sentada na Rúa”

    Actividade realizada con APAMP A asociación APAMP volve á rúa na súa sétima intervención artística urbana baixo o título "Sentada na Rúa". Esta intervención ten dous obxectivos: o primeiro é afastar un obxecto tan común como é unha cadeira do seu uso cotián e darlle un novo significado dentro do espazo, de forma que poidamos […]

  • Pasen i escoiten! Pasen i lean!: Día das Letras Galegas

    Trátase dunha lectura pública de textos que teñen como fío condutor o Día das Letras Galegas. As sesións están conducidas polo Voluntariado do Concello de Vigo, pero están abertas a todas aquelas persoas que desexen compartir co resto do público as súas lecturas. Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

  • Festa de pixamas de peluches

    Convidamos ao público infantil a que deixe os seus peluches na biblioteca, para que estes celebren unha festa de pixamas durante a fin de semana. Os xoguetes gozarán da lectura, de camiñar pola biblioteca e de durmir nun espazo diferente fóra do seu fogar. A partir do seguinte luns poderán vir a recollelos e descubrirán […]

  • Entre arrolos e contiños

    Unha nova sesión de contos para bebés da man de Migallas Teatro na que os/as máis pequenos/as da casa comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e […]

  • Día Internacional do/a ceramista: Miguel Vázquez

    A olería en España Conmemorando o día Internacional do/a ceramista, a biblioteca organiza a charla A Olería en España, na que Miguel Vázquez nos achegará, mediante unha linguaxe visual, ás principais olerías en activo no estado español e algunhas extintas pero de gran interese. Miguel Vázquez foi mestre de cerámica artística na Escola de Artes […]

  • Contos Dakí: Soledad Felloza

    Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotiandade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas […]

  • Olladas sen receos. A pobreza non se elixe. Exposición fotográfica

    Andrés Terraza Con motivo do seu 25 aniversario, a Fundación Érguete-Integración pon en marcha Olladas sen Receos, unha campaña que sitúa o foco nas persoas que viven baixo o limiar da pobreza e en situación de rúa nas nosas cidades e vilas. Mediante esta acción, a entidade pretende denunciar a vulnerabilidade e falta de recursos […]

  • Club de lectura

    O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne unha vez ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda dunha coordinadora. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións. […]

  • Club de lectura

    O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne unha vez ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda dunha coordinadora. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións. […]

  • Pasen i escoiten! Pasen i lean!: Serrat

    Trátase dunha lectura pública de textos que ten como fío condutor a música do cantautor Joan Manuel Serrat. As sesións están conducidas polo Voluntariado do Concello de Vigo, pero están abertas a todas aquelas persoas que desexen compartir co resto do público as súas lecturas. Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar […]