Obradoiro Cestería de papel Biblioteca Neira Vilas

Data/hora


Data(s) - 12/04/2022

Hora 11:00 - 13:00

OBRADOIRO: Cestería de papel

Din que quen fai un cesto, fai centos. Queres probar?

Aprende a facer un cesto usando as técnicas da cestería tradicional pero con materiais máis accesibles como o papel, o que che permitirá practicar na casa e, se cadra, facer un cento!

Neste obradoiro de cestería traballaremos con papel coas técnicas tradicionais do vimbio e varas. Adaptándonos aos intereses das persoas participantes, podemos realizar diferentes tipos de tecidos.

Idade


A partir de 7 anos.

Prazas


Aforo limitado.

Inscrición


A partir do 29 de marzo ás 10.30 h

A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Medidas seguridade extraordinarias COVID-19


Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes
    • Uso obrigatorio da máscara en todo momento
    • Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables
    • Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos
    • Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca
    • Aforo limitado
    • Asentos asignados
    • Rexistro das persoas asistentes
    • Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada

As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade.

Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *