Data/hora


Data(s) - 29/12/2025

Hora 11:00 - 13:00

Obradoiro de máscaras teatrais: Coñecendo a Castelao

Este Nadal, na biblioteca celebramos o Ano Castelao cun obradoiro moi especial: “Máscaras teatrais: coñecendo a Castelao”. Unha actividade creativa e divertida na que o público infantil mergullaranse no universo teatral a través da obra do gran autor galego.

Neste obradoiro crearán as súas propias máscaras inspiradas nas personaxes de Os vellos non deben de namorarse e aprenderán a darlle vida a esas figuras, empregando a linguaxe expresiva do teatro de máscaras, cheo de emocións, movemento e maxia.

Unha oportunidade única para descubrir o teatro, a expresión artística e a obra de Castelao dun xeito lúdico e participativo.

Para público infantil, a partir de 6 anos

Prazas


Inscrición dende o 3 de decembro.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas