Este Nadal regáloche unha historia

Data/hora


Data(s) - 28/12/2022

Hora 10:30 - 13:00

OBRADOIRO Este Nadal regáloche unha historia

Durante as vacacións de Nadal organizamos este obradoiro interxeneracional de narración oral, reciclaxe e imaxinación no que avós/as e netos/as poden gozar dun tempo de lecer xuntos, contando historias e traballando para crear un agasallo de Nadal único e diferente a partir de obxectos en desuso. Con esta actividade queremos por en valor a importancia do consumo responsable dun xeito ameno e divertido, espertando conciencias e sensibilidades, e reflexionando sobre todo o que pode ofrecer aínda un obxecto “vello” se o pensamos dunha maneira creativa.

Idade


Público infantil dende 5 anos e adultos maiores de 65

Prazas


Aforo limitado.

Inscrición


A partir das 10.30 h do 13 de decembro

A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *