MODELAMOS UNHA HISTORIA?: Obradoiro de barro

Data/hora


Data(s) - 05/07/2022

Hora 11:00 - 13:00

MODELAMOS UNHA HISTORIA?: Obradoiro de barro

Cada participante modelará unha historia con barro que despois pintará. A continuación, co conxunto dos traballos crearemos unha historia común que se poderá ver exposta na biblioteca.

Idade


Público infantil dende 6 ata 10 anos

Prazas


Aforo limitado.

Inscrición


A partir das 10.30 h do 28 de xuño

A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *