Obradoiro de papel: Bestiario animal

Data/hora


Data(s) - 14/04/2025

Hora 11:00 - 13:00

Obradoiro de papel: Bestiario animal

A Biblioteca Municipal organiza un obradoiro lúdico e creativo para as nenas e nenos durante o período vacacional de Semana Santa. Este momento é ideal para fomentar a lectura e a expresión artística, aproveitando que as cativas e os cativos están libres das súas cargas lectivas. O obradoiro titúlase Bestiario animal e consiste nunha actividade de escultura con papel, utilizando unha técnica sinxela e divertida. A partir de materiais reciclados como papel, cinta e pintura, as persoas participantes poderán crear figuras en volume que, aínda que teñen unha temática animal, tamén poderán ser personalizadas ao gusto de cadaquén. A actividade está pensada para estimular a imaxinación e as habilidades das nenas e nenos, promovendo, ao mesmo tempo, o respecto polo medio ambiente a través do uso de material reciclado.

Idade


Para público xeral dende 10 anos

Prazas


Inscrición dende o 1 de abril ás 10.30 h

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas