Pasen i escoiten Pasen i Lean

Data/hora


Data(s) - 03/11/2025

Hora 19:00 - 20:30

Pasen i escoiten! Pasen i lean!: Día da lectura. Aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas

Con motivo do aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas, convidamos a toda a comunidade a participar na actividade Día da lectura. Trátase dunha xornada de lecturas públicas abertas, nas que calquera persoa —sen importar idade, xénero ou experiencia— pode achegarse a compartir co resto fragmentos de textos arredor de diferentes temáticas que nos unen e inspiran.
A actividade busca celebrar a palabra, fomentar o pracer pola lectura e manter viva a memoria e o legado de Neira Vilas. Se che gusta ler ou simplemente queres escoitar, achégate! A túa voz tamén conta e pode ser fío dunha historia común.

Prazas


Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas