feira do libro
Mapa Literario de vigo
Roteiro Domingo Villar
Rúa do Príncipe
Actividade
Data
Deseño de bechos
feira do libro
Un ano máis, a biblioteca uniuse a este proxecto literario
Este ano a caseta rendeu unha pequena homenaxe ao escritor vigués Domingo Villar e á súa obra, centrándose no Mapa Literario de Vigo; e en concreto nas localizacións da cidade nas obras de Domingo.
familia villar
A equipa de Leo Caldas co permiso de Estévez




quiniela
Inspector Leo Caldas
A cidadanía que se achegou á caseta puido participar nun xogo, no que quedou claro, que en Vigo, hai moitas e moitos expertos nos casos policiais do inspector Leo Caldas.
premios culinarios
Degustación dos pratos preferidos do inspector leo caldas
Entre a bruma de vigo e as pesquisas dunha nova investigación, o inspector leo caldas sempre atopa un momento para facer parada en dous dos refuxios máis emblemáticos das novelas de Domingo Villar:

Taberna Eligio
Comida ou cea na taberna Elixio para dúas persoas.

Bar Puerto
Comida ou cea no bar Puerto para dúas persoas.
premios ruta mónica andrade
Última travesía en barco de Mónica Andrade cara á Escola de Artes e Oficios de Vigo
Mónica Andrade cruzaba cada día en barco a ría para impartir as súas clases de cerámica, ignorando que o seu camiño diario cara á Escola de Artes e Oficios de Vigo estaba a piques de converterse no misterio máis escuro que o inspector Leo Caldas tería que resolver.

Traxecto que facía Mónica Andrade no Pirata de Ons
Viaxe de ida e volta Vigo-Moaña-Vigo na naviera Nabia para dúas persoas.

Coñecer a EMAO onde traballaba Mónica Andrade
Visita guiada á EMAO, Escola de Artes e Oficios para dúas persoas.
Probas policiais
Tras os pasos do inspector Leo Caldas

Ollos de auga
-
Lois Reigosa escolleu o CD Billie Holiday, The man I love, a noite da súa morte, colocouno no equipo musical.
-
Vasos que repousaban na mesa baixa do apartamento de Toralla de Lois Reigosa.
-
Formol substancia inxectada no corpo de Reigosa.

A praia dos afogados
-
Traxe de augas que vestía Xusto Castelo cando o sacaron da agua.
-
Dúas chaves unidas por unha arandela de metal.
-
Cadea cunha medalla de ouro, a imaxe é da Virxe do Carme.
-
Figa metálica, escura e non máis grande ca unha uva.
-
Varios billetes medio desfeitos.
-
Bolsiña cunha substancia branca.
-
Brida cortada para poder liberar as mans do morto.

O último barco
-
Sobre o mármore do lavabo vaso de porcelana cun tubo de dentífrico sen tapa, sen rastro do cepillo de dentes.
-
Na mesa alta de traballo no taller de Mónica Andrade o libro O segredo da porcelana aberto boca abaixo.
-
Unha das pezas da exposición de Miguel Vázquez, que se inaugurou en Lisboa, coincidindo coa desaparición de Mónica Andrade.

Javier Villar
Personaxe real da novela O lume azul, de Pedro Feijoo.

Miguel Vázquez
Personaxe real da novela O último barco, de Domingo Villar.
prensa
Eco do evento nas páxinas dos xornais
Programación na biblioteca
Mapa Literario de Vigo
Unha viaxe polas rúas e lugares que inspiraron grandes historias.
enderezo
Avda. Martínez Garrido, 21
Telefóno
986 26 77 59
bpneiravilas@vigo.org



































