a hora dos contos

Achegando culturas

As fábulas

Data
21 Marzo, 2026
p
As fábulas
contacontos

A biblioteca e o Secretariado Xitano unen forzas para fomentar a lectura entre a mocidade

A biblioteca acolleu recentemente unha actividade de promoción lectora en colaboración co Secretariado Xitano, no marco do programa Achegando Culturas, xunto cos rapaces e rapazas do programa Promociona. Foi unha xornada moi enriquecedora na que a lectura serviu como punto de encontro para compartir ideas, reflexionar e crear.

Comezamos a sesión explicando que son as fábulas, facendo fincapé nas súas características principais: relatos breves, protagonizados a miúdo por animais, e cunha ensinanza final. A continuación, lemos algunhas fábulas clásicas moi coñecidas, como “A lebre e a tartaruga” ou “A cigarra e a formiga”, que deron pé a un interesante diálogo sobre os valores que transmiten.

Despois, analizamos como estas historias foron cambiando ao longo do tempo grazas á creatividade de autores como Gianni Rodari ou Leo Lionni, que ofreceron novas visións máis abertas e reflexivas. Este enfoque permitiu que os participantes comprendesen que a literatura está viva e pode adaptarse a novas realidades.

Para rematar, puxemos en práctica todo o aprendido cunha actividade creativa: elaborar a nosa propia versión da fábula “A ra e o escorpión”. Os rapaces e rapazas traballaron en grupo, imaxinando finais alternativos e reinterpretando a historia desde unha perspectiva actual.

A experiencia foi moi positiva, destacando a participación activa e o entusiasmo do grupo, que demostraron un grande interese pola lectura e pola creación literaria.

 

Programación na biblioteca

Próximas sesións

Máis que libros: tecendo redes sociais e culturais co Secretariado Xitano

enderezo

Avda. Martínez Garrido, 21

 

Telefóno

986 26 77 59

MAIL

bpneiravilas@vigo.org