visita
APAM
Ludoteca Inclusiva
visitas á biblioteca
Unha viaxe ao país dos monstros: a Ludoteca Inclusiva de APAMP enche a biblioteca de imaxinación
O campamento de verán da Ludoteca Inclusiva de APAMP viviu unha mañá moi especial coa súa visita á biblioteca, un espazo cheo de historias, imaxinación e creatividade. Nesta ocasión, mergullámonos no fascinante mundo dos monstros a través de varios contos que nos demostraron que non todos os monstros dan medo.
Comezamos coa lectura do clásico Onde viven os monstros, de Maurice Sendak, acompañando a Max na súa aventura desde o momento en que se puxo o seu disfrace de lobo e emprendeu unha viaxe inesquecible cara ao país dos monstros. Tamén descubrimos Monstro Rosa e Buscar, de Olga de Dios, dous libros que nos convidaron a reflexionar sobre a diversidade, a amizade e a importancia de aceptar as diferenzas. A sesión completouse con Unha de monstros, de Rocio Bonilla, unha divertida historia que espertou a curiosidade e as gargalladas de todas as persoas participantes.
Para rematar a actividade, deixamos voar a nosa imaxinación creando un gran mural colectivo cheo de monstros moi orixinais. Había monstros de todas as cores, tamaños e formas, pero ningún daba demasiado medo. Foi unha xornada fantástica para gozar da lectura, compartir experiencias e demostrar que os libros tamén poden axudarnos a descubrir que, ás veces, aquilo que parece diferente pode converterse no máis divertido.
Programación na biblioteca
Próximas sesións
Aprender xogando é o xeito máis fermoso e eficaz de descubrir o mundo!
enderezo
Avda. Martínez Garrido, 21
Telefóno
986 26 77 59
bpneiravilas@vigo.org