El orden divino

Petra Biondina Volpe 

Ano: 2017
Clasificación: 7

Gañadora do Premio do Público no Festival de  Tribeca e representante de Suíza nos Óscar. Aquí hai moito de ” Sufragistas” pero sobre todo de ” Pride”. Unha historia con todas as da lei que ten o descaro de destapar esa  idealizada Suíza como un dos últimos países no mundo que aprobou o sufraxio universal.

En 1971, as mulleres aínda non podían votar en Suíza.  Nora é unha nova ama de casa e nai de dous fillos, que vive nun pintoresco pobo pequeno. É unha persoa tranquila que conta coa simpatía de todo o pobo. Cando o seu marido prohíbelle aceptar un traballo a tempo parcial, a frustración lévaa a converterse no paradigma do movemento sufraxista da súa cidade. A súa nova fama conleva humillación, ameazas e o posible fin do seu matrimonio, pero ela négase a dar marcha atrás e convence ás mulleres do pobo para ir á folga mentres descobre aspectos sorprendentes sobre a súa propia liberación. As tranquilas vidas dos seus veciños veranse afectadas por completo.