Este ano celébranse 50 anos da morte do gran artista e xenio Pablo Picasso. Na biblioteca unímonos ás conmemoracións deste aniversario e quixemos amosar algunhas pinceladas da obra e da vida deste gran pintor e artista global aos usuarios e usuarias de AFAGA.

Coñecemos os seus primeiros pasos como pintor, cando non era máis que un neno na cidade da Coruña. Tamén descubrimos a súa faceta de aprendizaxe e experimentación e mergullámonos polo interior dalgunhas das obras máis coñecidas do artista como as “Señoritas de Avignon” ou o “Guernica” para coñecer máis de cerca algunhas peculiaridades da súa forma de entender a arte.

“El arte es la mentira

que nos permite comprender

la verdad”


Sesións:

Xoves, 9 de marzo ás 10.00 h

Venres, 10 de marzo ás 10.00 h

Luns, 13 de marzo ás 17.00 h

Xoves, 16 de marzo ás 17.00 h