Más allá del invierno
Allende, Isabel
Xénero | Ano | Clasificación |
Vida cotiá | 2017 | Adulto |
A autora chilena Isabel Allende naceu nunha familia de diplomáticos, sendo o seu pai embaixador de Chile en Perú. Debido a isto creceu e estudou en países como Perú, Bolivia, Líbano ou Chile.
Establecida nun primeiro momento en Santiago de Chile, Allende traballou como xornalista para revistas infantís ou para mulleres. Tras o golpe de estado en Chile a principios dos anos setenta, Allende exiliouse primeiro a Venezuela, onde publicou a súa primeira obra “La casa de los espíritus”, obra que se converteu en todo un fenómeno internacional e que foi levada ao cinema e ao teatro. A partir dese momento, decidiu dedicarse por completo á literatura, desenvolvendo unha notable carreira.
É unha das escritoras en lingua española máis lidas de todos os tempos e publicou tanto novela como contos infantís e teatro. Gran parte da súa obra catalógase dentro do realismo máxico, aínda que tamén se adentrou na novela policíaca e histórica. A súa linguaxe é sinxela, clara e cun marcado compoñente feminista.
Ao longo da súa carreira vendeu millóns de copias dos seus libros, con traducións a multitude de idiomas. De entre a súa produción cabería destacar títulos como ”Eva Luna”, “El amante japonés” o “Hija de la fortuna”.