“As bibliotecas, espazos de coñecemento e transformación”
O 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, as bibliotecas reafirmamos o noso compromiso coa igualdade e a xustiza. Como espazos de acceso libre ao coñecemento, posicionámonos como aliadas fundamentais na loita contra todas as formas de violencia de xénero.
As bibliotecas son lugares onde todas as persoas poden acceder á información e ao coñecemento, sen discriminación. A lectura permítenos empatizar, reflexionar e cuestionar as normas sociais que perpetúan a violencia de xénero. As bibliotecas son espazos ideais para promover a igualdade de xénero e visibilizar as achegas das mulleres á historia e á cultura.
O coñecemento é a nosa maior arma contra a opresión. As bibliotecas ofrecen as ferramentas para comprender, cuestionar e transformar.
Ler, debater e educar son actos de resistencia.
En cada libro, unha historia de loita; en cada recuncho, un refuxio. Xuntas e xuntos, construiremos un futuro igualitario.
Fagamos das nosas bibliotecas espazos de empoderamento e cambio.
Por un mundo libre de violencia!
Un ano máis as entidades de Social Calvario unímonos no 25N cunha acción na Escola Oficial de Idiomas e baixo un manifesto colectivo.