
Data/hora
Data(s) - 21/11/2025
Hora 18:00 - 19:00
A hora dos contos: Marta Ortiz. Canta, Bugaina, canta
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos Marta Ortíz co seu espectáculo; Canta, Buguina, canta.
Canta, Buguina, canta!
Pum, pum!
Canta para nenos e nenas, para viaxar xuntas en igualdade, con amor e respecto.
Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe polo mar. Visitaremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa.
Cantaremos cancións sobre a lúa e faremos barcos de papel para continuar viaxando lonxe.
Brincamoscoaimaxinaciónrecreandoanimaisconobxectos,barcoseillasdepapel,unmardeteaaosondamúsicaeaspalabras.
Canta,Buguina,canta é un espectáculo para primeira infancia que ten como obxectivo xogar coa palabra e a poesia, coas cancións e contos, cos xogos visuais e sonoros que serán o berce da literatura.

Idade
Público infantil dende 3 anos

Prazas
Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

