- Este evento pasou.
A hora dos contos: Coser e Cantar. Marta Ortiz
Con fío, agulla e dedal enfíame un conto xa! Comezamos a viaxe nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, coplas, cancións en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan. Contos tan antigos como o oficio da costura. Puntada a puntada percorreremos mundos onde os fíos falan, as caixas de costura abren as portas da fantasía e os bastidores de bordar son ventás onde asomarse a historias prohibidas. Neste espectáculo atoparemos narración oral, música, teatro de obxectos e pezas enlazadas polas coplas do Cancioneiro da Agulla. Unha homenaxe ás mulleres de mans sabias que foron as primeiras narradoras e transmisoras de coñecemento. Idade A partir de 3 anos. Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir do 25 de xaneiro ás 10.30 h A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición. Medidas seguridade extraordinarias COVID-19 Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes Uso obrigatorio da máscara en todo momento Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca Aforo limitado Asentos asignados Rexistro das persoas asistentes Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade. Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións