- Este evento pasou.
OBRADOIRO: Cestería de papel
Din que quen fai un cesto, fai centos. Queres probar? Aprende a facer un cesto usando as técnicas da cestería tradicional pero con materiais máis accesibles como o papel, o que che permitirá practicar na casa e, se cadra, facer un cento! Neste obradoiro de cestería traballaremos con papel coas técnicas tradicionais do vimbio e varas. Adaptándonos aos intereses das persoas participantes, podemos realizar diferentes tipos de tecidos. Idade A partir de 7 anos. Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir do 29 de marzo ás 10.30 h A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición. Medidas seguridade extraordinarias COVID-19 Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes Uso obrigatorio da máscara en todo momento Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca Aforo limitado Asentos asignados Rexistro das persoas asistentes Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade. Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións