- Este evento pasou.
Obradoiro. Pintura sobre seda
Xaneiro 4, 2024 @ 11:00 - 13:00
Durante as vacacións de Nadal organizamos este obradoiro artístico onde o público asisistente aprenderá a pintar sobre seda. Montaremos a tea sobre un bastidor e descubriremos como crear as nosas propias cores, a técnica de reservas de goma guta e como personalizar os nosos deseños. Idade Público infantil dende de 7 anos Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir do 18 de decembro A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.