Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A hora dos contos. Pablísimo: “Cabicivai”

Marzo 14, 2025 @ 18:00 - 19:00

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. CABICIVAI Espectáculo sobre rodas, unha bicicleta, un Kamishibai e tres caixóns dos que pode sair calquera cousa!! Pablísimo é unha compañía especializada en narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil creada polo actor, dramaturgo e contador de historias Pablo Sánchez. Os seus espectáculos, de pequeno e mediano formato, toman sempre como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia. Pablísimo leva producidos máis de vinte espectáculos misturando neles monicreques, música en vivo, teatro de sombras, video e narración oral. Cabicivai é o seu novo espectáculo para público familiar Idade Público infantil dende 3 anos Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

Detalles