a hora dos contos

Dani Blanco

Unha Historia dun Can de Palleiro

Data
19 Xuño, 2026
p
A hora dos contos
contacontos

Historias, circo e karaoke para despedir a ‘Hora dos Contos’ con Dani Blanco

A biblioteca acolleu a última sesión da Hora dos Contos deste curso da man de Dani Blanco, que nos regalou unha tarde chea de historias, risas e sorprendentes malabares.
A sesión comezou cunha demostración de malabares con libros, algo moi apropiado para un espazo como a biblioteca, onde os libros son os grandes protagonistas. A partir de aí, Dani levou ao público ata a divertida historia de Can de Palleiro. Un día, ao can picáballe o lombo e decidiu buscar axuda preguntando a diferentes animais moi peculiares.
No seu camiño atopou ao caniche Manolito, que era faquir; á gata malabarista, unha auténtica artista; á vaca Tomasa, capaz de facer malabares mentres comía unha mazá; e ao coello Marcial, que estaba encerrado no cárcere por roubar unha col. Cada encontro estivo cheo de humor, ocorrencias e situacións disparatadas que fixeron rir a pequenos e maiores.
Entre conto e conto, Dani sorprendeu ao público coas súas habilidades circenses. Un dos momentos máis espectaculares chegou cando conseguiu librarse dunha camisa de forza, deixando a todos coa boca aberta.
Para poñer o broche final a esta sesión tan especial, todos os asistentes participaron nun karaoke do máis divertido. Pequenos e maiores animáronse a cantar e a acompañar as cancións con palmas e risas, creando un ambiente festivo e participativo. Así rematou unha nova edición da Hora dos Contos, cunha tarde inesquecible que combinou narración oral, humor, circo e música para despedir o curso da mellor maneira posible.

Programación na biblioteca

Próximas sesións

A maxia dos contos non ten idade: escoita, canta e soña!”

enderezo

Avda. Martínez Garrido, 21

 

Telefóno

986 26 77 59

MAIL

bpneiravilas@vigo.org