Préstamo a domicilio

Préstamo a domicilio

A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas ofrece ás persoas usuarias con discapacidade ou ás persoas que teñan a súa mobilidade e autonomía limitada de forma temporal ou permanente que non poidan acudir a biblioteca e que non poidan contar con outra persoa para realizar o “Servizo de Préstamo Especial” un servizo personalizado ao fin de facilitar o acceso aos recursos dos que dispón.

Teñen dereito a estes servizos:
  • As persoas usuarias que teñan a súa mobilidade e autonomía limitada de forma temporal ou permanente.
  • As persoas invidentes poden acceder ao servizo de lectura por parte das persoas voluntarias.

Para poder acceder a este servizo especial que a biblioteca ofrece é preciso estar inscrito/a como socio/a e cubrir un formulario de autorización de cesión do carné da biblioteca a Oficina de Voluntariado do Concello de Vigo (esta documentación poderase facer a través do persoal voluntario). Esta acreditación requirirase sempre polo persoal da biblioteca cando se queira acceder a dito servizo.

 

Ademais a biblioteca ofrece:
  • Unha atención personalizada ás consultas: toda a aquela persoa que o desexe pode dirixir as súas consultas á biblioteca de forma virtual (correo electrónico) ou por teléfono. Persoal bibliotecario especializado encargarase de localizar e dar a información que precise.
  • Levar e recoller documentos aos domicilios particulares das persoas usuarias.
  • Aconsellar lecturas e intercambiar opinións coas persoas usuarias.
  • Ler as persoas que o soliciten.

 

Requisitos

  • Ter a súa mobilidade e autonomía limitada de forma temporal ou permanente.
  • Cubrir o formulario de solicitude de carné da biblioteca.
  • Cubrir o formulario de autorización de cesión de uso do carné de préstamo.
  • DNI
  • Fotocopia do certificado médico.
  • Fotografía.

Número de préstamos

Poderanse levar en préstamo todos os materiais que se emprestan na biblioteca (libros, revistas, material audiovisual)

Ata 3 documentos, dos cales 1 poderá ser audiovisual.

Duración do préstamo

30 días para libros e 30 días para os audiovisuais.

E se non se remata o libro?

  • O préstamo de libros poderase renovar por outros 15 días, a non ser que outro/a lector/a fixese reserva do exemplar.
  • A prórrogase pode facer por teléfono, e-mail (indicando o número de asociado/a), ou través do catálogo en liña.
  • As prórrogas non se aplican a materiais audiovisuais nin a  revistas.

Reserva de libros

  • Na biblioteca pódense reservar ata dous libros, cando estes estean prestados a outro/a lector/a no momento da reserva.
  • A prórrogase pode facer por teléfono, e-mail (indicando o número de asociado/a), ou a través do catálogo en liña.
  • Cando o libro estea dispoñible, avisarase por telefóno ou e-mail.

O reparto

  • O reparto dos préstamos especiais realizados polo persoal voluntario e solicitados polas persoas demandantes serán os mércores en horario de mañá da biblioteca (10.30-14.00h). Dependendo da demanda poderase ampliar o número de horas e de días.
  • O servizo de préstamo poderá ser suprimido temporal ou permanentemente no caso de que non existan voluntarios para dito servizo.
  • Este servizo ten un máximo de envíos semanais fixado pola Biblioteca Pública Municipal Neira Vilas e pola Oficina de Voluntariado.
  • O Servizo de Préstamo a Domicilio realizado polo persoal voluntario está delimitado ao domicilio particular da persoa usuaria na área do Concello de Vigo.
  • As peticións dos documentos realizarase de martes a sábado no teléfono 986 267 759 (en horario de apertura da biblioteca) ou no correo electrónico bpneiravilas@vigo.org

Cumprimento das normas

  • A perda ou material suporá repoñer o documento extraviado ao estragado, ou outro de similares características a proposta da biblioteca.
  • As persoa beneficiarias do “Servizo de Préstamo a Domicilio” tamén deben cumprir as normas de funcionamento da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas e de non ser así seralles de aplicación o establecido no “Procedemento de sancións e faltas”.
  • A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas pode dar de baixa do Servizo de Préstamo Especial a unha persoa usuaria deste servizo se non cumpre as normas.

>descarga solicitude préstamo a domicilio