Horario de apertura


O horario será o habitual da biblioteca:

Horario ordinario (Do 16 de setembro ao 14 de xuño)

LunsMartesMércoresXovesVenresSábado
Mañá10:30 14:0010:30 14:0010:30 14:0010:30 14:0010:30 14:00
Tarde17:00 20:3017:00 20:3017:00 20:3017:00 20:3017:00 20:30

Horario de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro)

LunsMartesMércoresXovesVenresSábado
Mañá10:30 14:0010:30 14:0010:30 14:0010:30 14:0010:30 14:00
Tarde18:00 20:3018:00 20:3018:00 20:3018:00 20:3018:00 20:30

Servizos dispoñibles

Préstamo con cita previa


Para levar documentos en préstamo será necesario solicitar unha cita previa, ben a través do teléfono 986 26 77 59 en horario de apertura ou do correo electrónico bpneiravilas@vigo.org.

Neste último caso, deberá indicarse:

Datos persoais:
  • Nome e apelidos
  • Número de carné
Datos referidos ás obras solicitadas:
  • Título
  • Autor
  • Tipo de material (libro, DVD, Música, Revista)

A persoa solicitante será informada pola mesma vía en que solicitou cita do día e hora no que pode acudir a recoller os documentos, que lle serán proporcionados polo persoal da biblioteca, dado que a colección en libre acceso estará pechada ao público.

Convén consultar primeiramente o catálogo en liña da biblioteca para consultar se as obras desexadas están dispoñibles. Para limitar a busca débese seleccionar a biblioteca: Vigo – Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vila.


Devolución


Sempre que non se vaia levar material emprestado, a devolución das obras realizarase no buzón exterior da biblioteca, para o que non será preciso solicitar cita. En caso de ter cita para levar obras en préstamo, as devolucións efectuaranse no posto habilitado para tal fin á entrada da biblioteca.

As obras devoltas estarán 15 días en corentena antes de volver a estar dispoñibles  para o préstamo. Esta información aparecerá reflectida no catálogo da biblioteca.


Información bibliográfica e referencia


As consultas atenderanse no teléfono 986 26 77 59 ou no correo electrónico bpneiravilas@vigo.org 


Solicitude do carné de usuario/a.


Para obter o carné de usuario/a será necesario solicitar unha cita previa a través do teléfono 986267759 ou do correo electrónico bpneiravilas@vigo.org

Servizos non dispoñibles

  • Estudo  ou consulta en sala
  • Reservas de libros
  • Actividades culturais
  • As coleccións en libre acceso permanecerán pechadas ao público, accesibles mediante o préstamo con cita previa
  • NON se poderán utilizar os equipos informáticos de uso público
  • NON se poderá acceder aos  postos de consulta do catálogo en liña
  • Calquera outro servizo destinado ao público distinto dos expresamente mencionados como dispoñibles

Normas para un uso responsable 


  • Para o acceso á biblioteca será obrigatorio o uso de máscaras hixiénicas.
  • Na zona de acceso e nos puntos de contacto entre o persoal bibliotecario e o público situaranse dispensadores de xel hidroalcohólico ou desinfectantes autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade.
  • Deberá manterse unha distancia  de seguridade interpersoal de polo menos 2 metros. A circulación pola bilbioteca farase polos percorridos establecidos e marcados para tal fin.
  • Os lugares de atención ao público disporán de medidas de separación entre o persoal bibliotecario e as persoas usuarias.
  • Nas dependencias da biblioteca instalaranse carteis e outros documentos informativos sobre os servizos dispoñibles e as medidas hixiénicas e sanitarias para o correcto uso dos mesmos.
  • Recoméndase ás persoas usuarias que acudan á biblioteca de xeito individual. As nenas e nenos menores de 14 anos terán que acudir acompañados dunha persoa adulta.
  • O acceso ás instalacións da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas só estará permitido para o desenvolvemento dos servizos expresamente autorizados neste documento e sempre con cita previa.
  • As persoas usuarias deberán seguir en todo momento as instrucións do persoal da biblioteca. O persoal técnico do centro poderá solicitar o abandono inmediato das instalacións se detecta que se están a incumprir as normas recollidas neste documento.

Informarase puntualmente da reapertura progresiva do resto de servizos da biblioteca e do funcionamento dos mesmos