Horario de apertura


Horario de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro)

LunsMartesMércoresXovesVenresSábado
Mañá10:30 14:0010:30 14:0010:30 14:0010:30 14:0010:30 14:00
Tarde18:00 20:3018:00 20:3018:00 20:3018:00 20:3018:00 20:30

Servizos dispoñibles

Préstamo (sen cita previa)


A colección en libre acceso permanecerá pechada ao público e será o persoal da biblioteca o que proporcione os documentos solicitados.
  • Para levar documentos en préstamo non será preciso solicitar cita.
  • Convén consultar primeiramente o catálogo en liña da biblioteca para comprobar a dispoñibilidade das obras.
  • Para limitar a busca débese seleccionar “Vigo-Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas”.
  • Recoméndase a petición anticipada das obras desexadas no teléfono 986267759 ou no correo electrónico bpneiravilas@vigo.org.
  • Unha vez feita a petición, a persoa usuaria disporá de 3 días para recoller as obras solicitadas.
  • Así mesmo, reactívanse as reservas de documentos emprestados.

Devolución (sen cita previa)


A devolución das obras realizarase no buzón exterior da biblioteca.
  • En caso de querer levar novas obras en préstamo, as devolucións efectuaranse no posto habilitado á entrada da biblioteca.
  • As obras devoltas estarán 15 días en corentena antes de volver a estar dispoñibles para o préstamo. Esta información aparece reflectida no catálogo da biblioteca.

Información bibliográfica e referencia


As consultas atenderanse no teléfono 986 26 77 59 ou no correo electrónico bpneiravilas@vigo.org 

Solicitude do carné – alta en eFilmVigo (sen cita previa)


Para obter o carné de usuario/a ou darse de alta en EfilmVigo será preciso acudir á biblioteca co DNI.
  • Para axilizar os trámites, pódese cubrir o formulario de autorrexistro dispoñible na páxina web (Servizos en liña – solicitude de carné), pero será necesario despois achegarse físicamente á biblioteca para recoller a tarxeta e validar a solicitude.

Servizos non dispoñibles

  • Estudo  ou consulta en sala
  • Actividades culturais
  • As coleccións en libre acceso permanecerán pechadas ao público, accesibles mediante o préstamo con cita previa
  • NON se poderán utilizar os equipos informáticos de uso público
  • NON se poderá acceder aos  postos de consulta do catálogo en liña
  • Calquera outro servizo destinado ao público distinto dos expresamente mencionados como dispoñibles

Normas para un uso responsable 


  • Para o acceso á biblioteca será obrigatorio o uso de máscaras hixiénicas.
  • Na zona de acceso e nos puntos de contacto entre o persoal bibliotecario e o público situaranse dispensadores de xel hidroalcohólico ou desinfectantes autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade.
  • Deberá manterse unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos 2 metros. A circulación pola bilbioteca farase polos percorridos establecidos e marcados para tal fin.
  • Os lugares de atención ao público disporán de medidas de separación entre o persoal bibliotecario e as persoas usuarias.
  • Nas dependencias da biblioteca instalaranse carteis e outros documentos informativos sobre os servizos dispoñibles e as medidas hixiénicas e sanitarias para o correcto uso dos mesmos.
  • Recoméndase ás persoas usuarias que acudan á biblioteca de xeito individual. As nenas e nenos menores de 14 anos terán que acudir acompañados dunha persoa adulta.
  • O acceso ás instalacións da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas só estará permitido para o desenvolvemento dos servizos expresamente autorizados en cada momento.
  • As persoas usuarias deberán seguir en todo momento as instrucións do persoal da biblioteca. O persoal técnico do centro poderá solicitar o abandono inmediato das instalacións se detecta que se están a incumprir as normas recollidas neste documento.