Préstamo
A colección en libre acceso estará accesible ao público, pero será o persoal da biblioteca o que retire dos estantes os documentos solicitados.
- Para levar documentos en préstamo non será preciso solicitar cita.
- Convén consultar primeiramente o catálogo en liña da biblioteca para comprobar a dispoñibilidade das obras.
- Para limitar a busca débese seleccionar “Vigo-Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas”.
- Recoméndase a petición anticipada das obras desexadas no teléfono 986267759 ou no correo electrónico bpneiravilas@vigo.org.
- Unha vez feita a petición, a persoa usuaria disporá de 3 días para recoller as obras solicitadas.
- As reservas de documentos emprestados funcionarán con normalidade.
Devolución
A devolución das obras realizarase no buzón exterior da biblioteca as 24 h do día.
- En caso de querer levar novas obras en préstamo, a devolución realizarase no mostrador, no posto habilitado para tal fin.
Información bibliográfica e referencia
As consultas atenderanse no teléfono 986 26 77 59 ou no correo electrónico bpneiravilas@vigo.org
Solicitude do carné – alta en eFilmVigo
Para obter o carné de usuario/a ou darse de alta en EfilmVigo será preciso acudir á biblioteca co DNI.
- Para axilizar os trámites, pódese cubrir o formulario de autorrexistro, pero será necesario despois achegarse físicamente á biblioteca para recoller a tarxeta e validar a solicitude.
Lectura e consulta en sala
Poderán levarse a cabo actividades de lectura e consulta en sala unicamente nos postos habibilitados a tal efecto, que garanten a distancia interpersonal de 1,5m.
- A prensa e as publicacións periódicas poderán consultarse unicamente nos postos habilitados.
Uso de equipos informáticos
Poderán utilizarse os equipos informáticos públicos habilitados para o seu uso, cumprindo coa separación mínima interpersonal de 1,5m entre os postos.
Quendas dispoñibles
- Cada persoa poderá utilizar 1 posto informático por día cunha duración de 1 hora.
- O punto de acceso ao catálogo en liña estará dispoñible para a súa consulta.
Servizo de reprografía
O servizo de reprografía estará dispoñible asociado ao uso dos equipos informáticos. Non se realizarán fotocopias nin escaneado de documentación.
Servizos non dispoñibles
- Taquillas.
- Calquera outro servizo destinado ao público distinto dos expresamente mencionados como dispoñibles.
Normas para un uso responsable
- Para o acceso á biblioteca será obrigatorio o uso de máscaras hixiénicas.
- Na zona de acceso e nos puntos de contacto entre o persoal bibliotecario e o público situaranse dispensadores de xel hidroalcohólico ou desinfectantes autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade.
- Deberá manterse unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos 1,5m. A circulación pola biblioteca farase polos percorridos establecidos e marcados para tal fin.
- Os lugares de atención ao público disporán de medidas de separación entre o persoal bibliotecario e as persoas usuarias.
- Nas dependencias da biblioteca instalaranse carteis e outros documentos informativos sobre os servizos dispoñibles e as medidas hixiénicas e sanitarias para o correcto uso dos mesmos.
- Recoméndase ás persoas usuarias que acudan á biblioteca de xeito individual. As nenas e nenos menores de 14 anos terán que acudir acompañados dunha persoa adulta.
- O acceso ás instalacións da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas só estará permitido para o desenvolvemento dos servizos expresamente autorizados en cada momento.
- As persoas usuarias deberán seguir en todo momento as instrucións do persoal da biblioteca.
- O persoal técnico do centro poderá solicitar o abandono inmediato das instalacións se detecta que se están a incumprir as normas recollidas neste documento.