Data/hora


Data(s) - 09/10/2020

Hora 18:00 - 19:00

A hora dos contos: Pavís Pavós

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítannos Pavís Pavós.

Prazas:

Aforo limitado.

Idade:

A partir de 3 anos.

Inscrición:

A partir das 10.30 h do 1 de outubro

Os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 h do 1 de outubro. A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Normas das actividades:

Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes

-Uso obrigatorio de máscara
-Uso do xel hidroalcohólico
-Facer previa inscrición
-Separación entre os grupos de 1,5m
-Aforo limitado

As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade.
Se as condicións metereolóxicas son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas