8M Obradoiro feminista Biblioteca Neira Vilas Concello de Vigo

Igual que as primeiras narradoras da historia, xuntámonos ao redor dunha mesa chea de teas e fíos para contar a nosa propia historia e a historia das que nos precederon

Descubrimos os retallos da obra de algunhas artistas como a fotógrafa Cindy Sherman ou a escultura Loise Bougeois.

No nó desta xornadas aprendemos a transferencia de imaxes a unha tea para continuar enchéndoa de cor e imaxinación cos nosos bordados e fíos.

E como desenlace observamos os nosos traballos e os das compañeiras e descubrimos un senfín de posibilidades para continuar cos nosos fíos.