a hora dos contos

Xarope Tulú

Corochas

Data
17 Abril, 2026
p
A hora dos contos
contacontos

Monstros que temen a escuridade e ovos de cores: así foi a maxia das “Corochas” na biblioteca

O pasado venres 17 celebramos na biblioteca unha nova sesión de “A hora dos contos”, un contacontos para fomentar o gusto pola lectura dos máis pequenos. Nesta ocasión, fixémolo da man de Atenea García, que nos trouxo a súa obra “Corochas”.

O espectáculo comezou cuns exercicios para soltarse e, desta maneira, crear ambiente para o resto da actuación. A continuación coñecemos a historia de Carme e os monstros que lle tiñan medo á escuridade. Despois, chegou a quenda de  Parrula e o seu ovo de cores e de seguido aprendimos a canción das Corochas, unha cantiga moi animada coa que bailamos e repasamos as distintas partes do corpo. A función continuou coa historia das dez galiñas e, para rematar, volvemos cantar e bailar as Corochas.

En resumo, foi unha tarde moi entretida, chea de ritmo e diversión.

Programación na biblioteca

Próximas sesións

A maxia dos contos non ten idade: escoita, canta e soña!”

enderezo

Avda. Martínez Garrido, 21

 

Telefóno

986 26 77 59

MAIL

bpneiravilas@vigo.org