a hora dos contos
Cris de Caldas
contacontos
A biblioteca celebra unha nova A hora dos contos dedicada ás Letras Galegas e a Begoña Caamaño
O 15 de maio realizamos na biblioteca unha nova sesión de “A hora dos contos”, o noso contacontos para pequenas e pequenos. Nesta ocasión contamos coa narradora e bibliotecaria Cris de Caldas, quen nos falou das Letras Galegas e de Begoña Caamaño, achegándonos algúns dos contos favoritos desta escritora.
Para comezar a escoitar as historias tivemos que facer unha pequena preparación: abrir as orellas e os ollos, respirar fondo e mover os brazos, para estar ben atentos e relaxados. Unha vez listos e listas, empezamos cun cun poema de Gloria Sánchez sobre as vogais. Despois aprendemos sobre os mitos, que tanto lle gustaban a Begoña Caamaño, descubrindo relatos como o da caixa de Pandora, as aventuras de deuses como Zeus ou a historia de Lilith e Adán. Cris tamén encheu o mundo de cores cos contos da colección As cores falan e, máis tarde, cantamos a canción da “Paxariña de papel”.
Como peche da sesión, coñecemos dous contos: o da princesa Rosalinda, á que un dragón lle queimara todas as súas pertenzas e secuestrara o seu namorado; e o de Paco, un rato que soñaba con probar a lúa. Deste xeito, rematamos unha tarde moi divertida na que, ademais, aprendemos unha chea de cousas novas.
Programación na biblioteca
Próximas sesións
A maxia dos contos non ten idade: escoita, canta e soña!”
enderezo
Avda. Martínez Garrido, 21
Telefóno
986 26 77 59
bpneiravilas@vigo.org