As mulleres do programa Calí da Fundación Secretariado Xitano de Vigo achegáronse á biblioteca unha vez máis, nesta ocasión para descubrir e coñecer máis polo miúdo ao gran artista do s. XX Pablo Ruíz Picasso.
Tras unha pequena aproximación á vida e as obras de Picasso divertímonos xogando a descubrir a “Obra agachada”, na nosa particular versión do “quen é quen?”
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2023/05/picasso_cali_2-1024x1024.jpg)
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2023/05/picasso_cali-1024x1024.jpg)