O pasado 30 de outubro, a nosa biblioteca encheuse de risas, sustos divertidos e moita maxia. As bibliotecarias deixamos os libros por un momento e convertémonos en bruxas para celebrar o Samaín cos nenos e nenas do barrio.
Durante a xornada, as distintas entidades de Social Calvario repartimos caramelos a todos os pequenos e pequenas que nos visitaron nos nosos centros e retámolos a resolver adiviñas temáticas e outras probas e xogos e ata tivemos un auténtico altar de mortos mexicano. Que creatividade demostraron! Ademais, os disfraces dos visitantes tamén foron espectaculares, desde superheroes ata pantasmas travesas.
Foi un día especial, cheo de conexión e alegría, no que a noso barrio transformouse nun espazo de encontro e diversión para as familias.
Grazas a quen participou e encheron de vida este recuncho do barrio. Xa estamos a desexar celebrar convosco o próximo Samaín!