Despedimos a tempada cunha nova sesión de Entre arrolos e contiños con Bea Campos e Manuel Pombal, que nos achegaron unha morea de contos dirixidos aos máis cativos/as da casa. Osiños que van para a cama, eiruguiñas larpeiras, bechos estraños ou ratos de cores...
Pavís pavós regresou á biblioteca coas maletas cheas de contos e cantigas para cativar a grandes e pequenos/as. Esta sesión estivo chea de contos tradicionais como a “historia da filloa” que escapou da tixola, “A nena dos zapatiños de charol”...
Dende o principio dos tempos a humanidade xogou a imaxinar a forma que se debuxaba nas nubes e tamén que figuras se formaban no noso ceo noctucno nas noites estreladas. Deste xogo foron tomando nome as nosas constelacións, onde imaxinaron deuses, heroes e criaturas...
Yerma Alonso, profesora de xaponés na EOI realizou na biblioteca unha pequena achega á cerimonia do té. A cerimonia do té xaponesa é un ritual onde se enaltece a beleza rústica, sinxela e natural, purificando e enchendo de calma a nosa conciencia e conectando coa...
Paula Carballeira pechou este ano o ciclo de Contos Dakí, as sesións de contacontos para público adulto que cumpriu 10 anos e no que participaron grandes contadores e contadoras do panorama galego e tamén internacional. Para esta ocasión Paula escolleu contos de...