Din que quen fai un cesto, fai un cento… Hoxe aprendimos a facer un cesto con pequenos anacos de papel de xornal enroscados cos que facer longas tiras e logo trenzalas ao xeito tradicional, como se fai co vimbio. Saíron 12 cestos ben diferentes que logo pintamos...
Moitas grandes mulleres da historia foron calificadas de estrafalarias só por non seguir as normas establecidas: Rosalía de Castro, Frida Kahlo, Gloria Fuertes… Así, “estrafalarias” son tamén as protagonistas dos contos cos que nos deleitou Xarope Tulú;...
Para festexar o Día do Libro Infantil e Xuvenil albergamos unha instalación na zona infantil da biblioteca onde os/as visitantes podían gozar de diferentes experiencias para poder explorar os contos e o espazo doutro xeito diferente. Unha estrutura xeodésica instalada...
Cris de Caldas, unha das nosas contadoras habituais na sesións de contos infantís, hoxe estreouse no Ciclo Contos Dakí, e que mellor forma de facelo que tecendo un fío entre os contos da súa avoa Carmela e Dona Emilia. Cris relacionou os contos coas cereixas, sempre...
Jose A. Gómez Iglesias, máis coñecido como Defreds, visitou a biblioteca para un encontro cos seus lectores e lectoras Puidemos falar con el da súa obra, dos autores da súa xeración e de como as redes sociais transformaron a nova forma de entender a literatura e sobre...