Na biblioteca volvemos a gozar cunha nova sesión de Contos Dakí, desta vez da man de Celso Sanmartín. A velada foinos levando dun tema a outro, dende os métodos da logopedia tradicional como eran os trabalinguas (repitan: debaixo dunha pipa tinta hai unha pita pinta;...
Dende a Biblioteca Xosé Neira Vilas desexámosvos 2022 boas lecturas! Ilustración: Federico Fernández
Vero Rilo estivo na biblioteca contando “Outra vez!”, diferentes historias e cantigas que son os grandes hits dos nosos días, os contos que xa sabemos e que por moito que nos conten sempre queremos escoitalos Comezou con Velliñas, un conto tradicional...
Esta semana recibimos na Neira Vilas varios grupos de AFAGA para que os/as usuarios/as coñecesen o noso espazo e os servizos da biblioteca. A continuación realizamos unha pequena actividade sobre a figura do gran actor e director de cine británico Charles Chaplin onde...
“CONTOS DA TORRE, DO FOCO E DE ROMARIZ” Ángeles Goás regresou a Contos Dakí para agasallarnos cos contos de Provecende, de Quende, de Villarente… contos de mulleres e de homes, de sabios e de parvos, de risa e de pranto. Contos que lle contaron, como a...