En que consiste? Tendes que facervos fotos nos diferentes escenarios do Mapa Literario de Vigo, mellor se as facedes co libro ao que fai referencia ou emulando a acción que alí transcorre. Podedes envialas ao correo da biblioteca ou publicalas vós mesmos...
Coñecemos de preto a muralla de Vigo, o seu trazado orixinal e a súa vocación defensiva, á vez que investigamos sobre os materiais, as proporcións e a escala dos distintos elementos que a forman. Pasámolo realmente ben!
Anxo Fariña tamén pasou pola Feira do Libro, deixounos claro que prefire a liña marítima.
Amara Castro Cid tamén pasou pola Feira do Libro e detívose na nosa caseta do Mapa Literario de Vigo do que forma parte coa súa novela “Con esto y un bizcocho”#MapaLiterarioDeVigohttps://mapaliterariodevigo.com/
Beto Luaces presentou a súa última novela “Vicus: un lugar aquelado” na Feira do Libro e tamén pasou pola nosa caseta do Mapa Literario de Vigo do que forma parte....