Espectáculo ”Roupa Tendida” Con motivo da celebración do Día do Libro, contamos na Hora do Contos cunha invitada moi especial na biblioteca, Atenea García, e o seu espectáculo ”Roupa Tendida”. Os máis cativos e as súas familias gozaron de xeito...
Como é habitual nas historias narradas por Quico demos voltas por diferentes puntos da xeografía galega. Nesta ocasión, partimos da Barbanza coas súas festas, romarías e os seus Santos curandeiros, San Brais, San Roque e San Bieto de Seráns. Desde Rianxo ata a comarca...
Historias desde o outro lado da raia Dani Blanco trouxo consigo unha presiña de contos populares do outro lado desa raia imaxinaria que separa o noso país de Portugal. Acompañamos ao coelliño branco na súa busca de axuda para desaloxar da súa casa á cabra cabrez, que...
Hoxe tivemos o pracer de contar con Soledad Felloza, que nos contou as historias da vida, da súa vida cotiá, da de agora e da de antes: a súa nai, o seu pai, a súa avoa, a súa infancia no Urugai e as súas propias experiencias: o seus zapatos Bergantiños (feitos por un...
Bea e Manuel celebraron con nós o comezo do Entroido Nesta sesións para bebés gozamos do conto de Mem Fox e Helen Oxenbury “Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés”, logo fomos á festa de aniversario da balea acompañados “Polo camiño” do restos...
A Cris de Caldas encántanlle os contos e o chocolate. Ou o chocolate e os contos, tanto ten. Pero tamén lle gusta a mortadela, como a que levaba o bocadillo que polas tardes lle preparaba de nena a súa avoa Carmela: sacábao do peto do seu mandil e acompañábao dunha...