Os Contos Dakí estrenaron o 2023 cunha sesión a cargo do narrador nipón Yoshi Hioki, que despois de 3 anos regresou á biblioteca para deleitarnos coas súas historias. A primeira era a dun home moi, moi pobre que vivía nunha casa chea de buratos e a través da fabulosa...
Olalla e Marc encheron a nosa biblioteca de palabras e cores coa súa sesión de contos. O Abecedario de Antonio Rubio tornouse en música coa voz de Olalla que nos presentou a fermosura do traballo deste gran coñecedor da LIX madrileño, ao tempo que amosaban as fermosas...
Cúmprense 50 anos en que a clase obreira de Vigo desafiou ao réxime franquista na folga xeral do 72 Avelino González quixo rememorar aquel acontecemento histórico na cidade, pola loita dos dereitos laborales e a recuperación da liberdade. Para poñernos en situación,...
Nada mellor para pasar unha tarde de contos na biblioteca que participar nunha muiñada organizada por Caxoto! Con el fomos aprendendo so sons e ritmos do muíño, e entre historias de pulgas que acaban convertidas en raíñas de todos os animais e galos que teñen moi mala...
Unha presa de contos de mulleres bravas! María da Pontragha chegou á biblioteca preparada para facernos pasar unha xornada inolvidable neste 25N acompañada de Miguelón Paz e a música do seu acordeón. María e Miguel contaron unha chea de contos protagonizados por...
E soprarei e soprarei e a túa casa derrubarei! Bea Campos e Manuel Pombal de Migallas Teatro estiveron este venres na biblioteca para contar un dos contos con máis éxito de todos os tempos: Os tres porquiños. Os máis pequenos/as da casa puideron gozar deste clásico,...