Hoxe presentamos na segunda sesión do ciclo de cine:
Océano sen rostro
Dirección, creación, dramaturxia, interpretación, coreografía e voz:
Merche Pérez.
Gravación, edición, fotografía e son:
J. Pablo Pintor.
![Ciclo de Cine Océano sen rostro Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2019/12/oceanos_sen_rostro_biblioteca_neira_vilas_ciclo_cine-1024x683.jpg)
A curtametraxe, en branco e negro, destaca pola poesía visual das imaxes e pola expresividade que cobra o corpo da actriz, Merche Pérez, así como pola forte relación que se establece entre as accións que esta desenvolve, os estados polos que pasa e o son do mar, da música e da voz da intérprete.
A peza ten un traballo previo moi importante de composición da dramaturxia a partir dunha serie de referentes: os poemas de Manoel Antonio en De catro a catro; diferentes personaxes femininas, mitolóxicas como Calipso, as Moiras… e tamén Ofelia; o traballo de Rudolf von Laban arredor das accións básicas do esforzo; as cantigas tradicionais… Pérez, actriz, coreógrafa e bailarina, partiu das artes escénicas para crear esta peza, e foi en colaboración co fotógrafo J. Pablo Pintor que a foi adaptando á linguaxe audiovisual.
A proxección espertou un gran interese entre o público
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2020/01/oceano_sen_rostro_ciclo_de_cine_biblioteca_neira_vilas_1-1024x683.jpg)