Un ano máis volven as Citas a cegas

Durante os meses de verán a Biblioteca Neira Vilas ofrece a quen o desexe unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser o seu gran amor literario. As persoas usuarias terán á súa disposición unha serie de paquetes pechados que poden levar a casa emprestados, sen saber o que hai dentro, ata que ao abrilo desvelen o seu segredo, atopándose co que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou un gran amor.

Este verán con algunha pista

“si tienes la idea de que soy un ser maravilloso no leas este capítulo”