Cantinflas enche a biblioteca de risas coas visitas de AFAGA
O público usuario de AFAGA visitou a biblioteca en distintas sesións para gozar dunhas xornadas chea de risas nas que nos achegamos un pouco máis á vida e a filmografía do gran actor mexicano Mario Moreno, mundialmente coñecido como Cantinflas.
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2022/11/conecenzo_a_cantinflas_afaga_biblioteca_neira_vilas_3-1024x1024.jpg)
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2022/11/conecenzo_a_cantinflas_afaga_biblioteca_neira_vilas_2-1024x1024.jpg)
Nestas visitas puidemos visionar pequenos fragmentos das películas máis memorables do actor, como El padrecito, Su excelencia, Pepe ou La vuelta al mundo en 80 días, e constatamos como a través delas daba voz a todos aqueles que non a tiñan, dando vida a diferentes personaxes de todas as clases sociais, sempre coa súa marca persoal baseada na súa retórica farfullada e sen sentido e o seu aspecto desaliñado de “peladito”.
![Coñecendo a Cantinflas: AFAGA Biblioteca Neira Vilas Concello de Vigo](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2022/11/conecenzo_a_cantinflas_afaga_biblioteca_neira_vilas-1024x539.jpg)
Sesións:
Xoves, 10 de novembro ás 10.00 h
Venres, 11 de novembro ás 10.00 h
Luns, 14 de novembro ás 17.00 h
Xoves, 17 de novembro ás 17.00 h
Martes, 15 de novembro ás 10.30 h
Martes, 15 de novembro ás 12.00 h
Martes, 22 de novembro ás 12.00 h