Cris de Caldas, unha das nosas contadoras habituais na sesións de contos infantís, hoxe estreouse no Ciclo Contos Dakí, e que mellor forma de facelo que tecendo un fío entre os contos da súa avoa Carmela e Dona Emilia.

Cris relacionou os contos coas cereixas, sempre vai un detrás doutro, entre conto e conto de Carmela, escoitamos “Las Medias rojas”, “Casi artista” e “Vampiro” De Emilia Pardo Bazán.

Para rematar coñecemos a “beata, beata” do Foxo e quedou ben claro que fin de semana se celebra a Festa da Virxe da Regla.

Como moi ben dicía Carmela, nas escaleiras do Corte Inglés, A min non me empaca ninguén!