Murmuraban as miñas veciñas
Despedimos o 2023 con historrias chegadas directamente dende o Morrazo da man de Dani Blanco. Historias de mulleres de carácter, como a Cabuja, que despois de estar servindo en Madrid 10 anos regresou a Cangas co firme obxectivo de castelanizar o rural galego, ou a Ghavota, a fareira de Cabo Home que salvou do naufraxio a un barco tocando coa guitarra un solo de Jimi Hendrix. Veciñas con vidas fascinantes como a de Filomena, que montou o seu propio consultorio de adiviñación, ou a da avoa Luz, revolucionaria e guerrilleira, que ata coa súa morte foi quen de boicotear a monarquía.
Co regusto que deixan as boas historias, quedamos con ganas de saber que máis murmuran as veciñas do outro lado da Ría…