Inauguramos a nova tempada de Contos Dakí con Quico Cadaval, que nos contó historias de defuntos ambientadas, como é habitual, na comarca do Barbanza.

Foi unha sesión moi biográfica na que coñecemos a gran parte da familia de Quico, mesmo descubrimos a primeira muller coa que se deitou.

Seguindo os consellos para estar en paz cos defuntos, escachamos de risa para prescindir de rezos.