contacontos
LGTBIQ+
Actividade
Data
Día do Orgullo LGTBIQ+
contacontos
A maxia de ser un mesmo: contacontos do Orgullo na biblioteca
Con motivo da celebración do Día do Orgullo LGTBIQ+, a biblioteca acolleu unha actividade moi especial dirixida ao público infantil, organizada en colaboración coa Asociación Avante de Vigo. As crianzas puideron gozar da narración de “O año que é un porquiño”, unha historia divertida, tenra e chea de valores que convidou aos participantes a reflexionar sobre a identidade, a amizade e a importancia de aceptarnos tal e como somos.
Ao longo da sesión, os nenos e nenas participaron activamente na historia, respondendo ás preguntas oa narrador e compartindo as súas impresións sobre os personaxes e as situacións que se presentaban no conto. A través do humor, da imaxinación e dunha linguaxe próxima, a actividade permitiu achegar conceptos relacionados coa diversidade e o respecto dunha maneira natural e adaptada á súa idade.
Un dos momentos máis destacados foi a incorporación da música do fagot en directo, que acompañou á narración. Este instrumento achegou unha dimensión artística moi especial á sesión, creando diferentes atmosferas e enriquecendo a experiencia de escoita e participación.
Programación na biblioteca
Próximas sesións
A maxia dos contos non ten idade: escoita, canta e soña!”
enderezo
Avda. Martínez Garrido, 21
Telefóno
986 26 77 59
bpneiravilas@vigo.org