Para festexar o Día da Biblioteca montamos un consultorio onde o persoal bibliotecario pasou consulta

O noso consultorio funcionou desde o día 24 ao 31 de outubro, onde pasaron pacientes de todas as idades para tratar as súas doenzas literarias.

Contra os arrefriados receitamos un bo nórdico, a varias das nosas pacientes, como a Carmen, que viña cunha pequena irritación de garganta e levou Secretos imperfectos de Michael Hjorth.

Tamén para contrarrestar os efectos negativos da choiva no noso estado de ánimo, algunhas das nosas pacientes foron tratadas con antidepresivos: vas chorar pero de risa, algúns dos libros receitados foron Becas flacas de Tom Sharpe, La aventura del tocador de señoras de Eduardo Mendoza...

Desde o servizo de pediatría bibliotecaria, receitamos antibióticos de amplo espectro, a unha das nosas pacientes asiduas prescribíuselle Prohibido leer a Lewis Carrol de Diego Arboleda.

A biblioteca pechou o seu consultorio o 31 de outubro, pero seguimos realizando o noso labor, axudar ás persoas para atopar unha vida lectora saudable

Pasamos consulta día da biblioteca : Biblioteca Neira Vilas Concello de Vigo
Pasamos consulta día da biblioteca : Biblioteca Neira Vilas Concello de Vigo
previous arrow
next arrow

Nos tratamentos receitados están pautadas as tomas cada 8 horas; pero non é necesario ler á mesma hora todos os días; se esqueceu tomar unha dose de lectura, pode recuperala cando lle apeteza.

O consultorio estivo acompañado dunha pequena mostra Remake bibliotecario: Pasamos consulta

Hábitos lectores avalados pola biblioteca Neira Vilas, totalmente testeados

O concepto Remake utilízase na nosa lingua para nomear a un tipo de adaptación dunha obra artística. Neste caso un remake de carteis publicitarios medicinais do século XX.

Remake Bibliotecario: Pasamos consulta Día da Biblioteca, Biblioteca Neira Vilas Concello de Vigo
Remake Bibliotecario: Pasamos consulta Día da Biblioteca, Biblioteca Neira Vilas Concello de Vigo
previous arrow
next arrow

Remake bibliotecario

imprimir
previous arrow
next arrow

Orixinal

As bibliotecas son portas a outras vidas

Zadie Smith

Ligazóns relacionadas:

https://www.atlantico.net/articulo/vigo/receta-adecuada-cada-dolencia-literaria/20191025003736736136.html