O 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía e para festexalo celebramos un obradoiro coas mulleres do proxecto Calí da Fundación Secretariado Xitano.
Comezamos cun breve percorrido pola biografía da autora e achegámonos á súa figura a través da nosa cultura popular, na que Rosalía está presente en moitos aspectos, polo que é doado atopar xente con camisolas, bolsas, chapas ou bolsos coa imaxe da escritora. Tamén está presente nos rueiros das nosas cidades, en distintos murais ou no nome de prazas e rúas de toda Galicia.
Como dixo unha das mulleres que asistiu ao obradoiro, “Rosalía é coma a Frida Khalo”.
E Rosalía está sobre todo presente na música, xa que a poesía e o son van sempre unidas da man. Así descubrimos algunhas versións do seu poemario, como as realizados por Joan Baez, De Vacas, Guadi Galego ou Nao.
Para finalizar, fixemos cada unha de nós un collage tomando a figura de Rosalía como protagonista e deixando escapar a nosa imaxinación.