Na bibloteca celebramos o Día do Libro, e que mellor forma de facelo que achegarnos da man de Soledad Felloza aos textos dalgúns dos grandes nomes da Literatura dos dous lados do Atlántico, dende Borges e Benedetti, a Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro.
Mergullámonos nas historias de mulleres fortes e valentes como a Aurora de La Tribuna ou a Micaelita Aránguiz de Pardo Bazán, que non quixo casar cun home que a mirara con tal desprecio só por un encaixe roto. E coñecimos tamén casos como do Padín de Carracedo de Cunqueiro e o seu famosísimo ollo de vidro de cor vinca-pervinca, cor que milagrosamente herdaron os seus fillos… e os de todas as mulleres embarazadas que acudían a el para que os seus bebés tamén tiveran ollos vinca-pervinca.