Ao longo do mes de maio poderedes achegarvos á figura de Xela Arias, homenaxeada no Día das Letras Galegas neste 2021, a través dunha mostra bibliográfica na que atoparedes unha escolma da bibliografía máis destacada da autora así como das súas obras. Xela Arias é unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea, cunha importante labor no mundo da edición e a tradución. Segundo a Real Academia Galega, “unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma”.
Lembrade que podedes consultar todas as obras en sala ou levalas para casa en préstamo.