Bea Campos e Manuel Pombal celebraron con nós o Entroido.

Contaron e cantaron unha chea de historias coas que o pasamos fenomenal.

Comezaron contando a historia do ” Coelliño Branco”, uns dos contos máis coñecido da biblioteca e que lles encanta ao público infantil. Esta historia do pobre coelliño que é botado da súa propia casa por unha malvada cabra.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas
entre_arrolos_e_continhos_biblioteca_neira_vilas_1
previous arrow
next arrow

Despois contaron “Dez dedos nas mans e dez dedas nos pes” unha fermosa historia escrito por Mem Fox e ilustrada por  Helen Oxenbury que conta como distintos nenos nacidos en diferentes partes do mundo teñen moitas cousas en común entre elas dez dedos nas mans e dez dedas nos pes.

E de fin de festa Bea e Manuel disfrazáronse de indios e montaron nos seus cabalos para contar O pequeno Indio escrito por Ricardo Alcántara e ilustrado por Gusti.

entre_arrolos_e_continhos_biblioteca_neira_vilas_3

Antes de marchar os nosos amigos acompañáronnos na merenda e tomaron o té xunto a Alicia, O Coelliño Branco, A Raíña de Corazóns e o Sombreireiro Tolo.