- Este evento pasou.
Sorpresa!. Arantxa Treus
Esta obra de micro-teatro é unha festa de aniversario que Nora (Arantxa Treus), esposa fiel e nai entregada (e empastillada) lle prepara ao seu marido Alvarito de las Heras polo seu 40 aniversario. Quen levará a SORPRESA? SORPRESA é unha homenaxe ás nosas nais, mesmo a nós mesmas. É unha historia de segundas oportunidades e de mulleres empoderadas, mulleres que a pesar de non telo fácil, e de criarse baixo unha educación machista, din basta e toman as rendas da súa vida. SORPRESA é unha comedia dramática, cunha linguaxe clara e moi directa onde se tratan temas como a amizade, a maternidade, a sexualidade ou a relixión. Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir das 10.30 h do 1 de xuño A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición. Medidas seguridade extraordinarias COVID-19 Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes Uso obrigatorio da máscara en todo momento Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca Aforo limitado Asentos asignados, cun perímetro de seguridade de 1,5 m, salvo persoas conviventes Sinalización informativa (carteis informativos e adhesivos no chan) Rexistro dos asistentes, coa información de contacto, en caso de solicitude por parte das autoridades sanitarias Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade. Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións