Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Terrazas de verán: Encontro con Ana Larrañaga

Setembro 27, 2024 @ 19:30 - 20:30

Este encontro esta dentro do programa G-Night, A noite Galega das persoas investigadoras no que a Biblioteca Neira Vilas participa como colaboradora da Universidade de Vigo Na procura da potencia perdida: A España solar que non foi España, o país coa maior cantidade de horas de sol na UE, emerxeu nun momento dado como líder en potencia solar instalada e en innovación tecnolóxica no ámbito das enerxías renovables. Non obstante, a pesar deste prometedor comezo, anos despois España non logra ocupar os primeiros postos en potencia instalada per cápita. Esta situación suscita varias preguntas: ¿Que sucedeu para que España non consolidase a súa vantaxe inicial? ¿Como inflúe o marco regulatorio e o apoio institucional na evolución da enerxía solar? Nesta charla, abordaremos estas cuestións, explorando tanto os éxitos como os desafíos que enfrontou España neste campo. A través das perspectivas dunha residente local e dun emigrante que recentemente se estableceu en Alemaña, ofreceremos unha análise sobre como diferentes países enfocan o aproveitamento da enerxía solar. Ana Larrañaga Graduada en Enxeñería da Enerxía pola Universidade de Vigo (2019), Mestrado Interuniversitario en Matemática Industrial (M2i) pola Universidade de Vigo, Santiago, A Coruña, Politécnica de Madrid e Carlos III (2021), e actual investigadora predoutoral do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da mesma universidade ( CINTECX), onde centra a súa investigación científica nas áreas de Intelixencia Artificial e Dinámica de Fluídos Computacional (CFD). Inicia as súas tarefas de investigación na Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía (NTNU) onde colaborou co grupo de investigación de refrixeración de CO2 en diversos estudos experimentais relacionados co desenvolvemento de unidades de almacenamento de enerxía térmica fría. Tras finalizar o grao, comeza a traballar no Grupo de Tecnoloxía Enerxética (GTE) da Universidade de Vigo, participando en proxectos tanto de carácter experimental, como de simulación numérica e procesado de grandes bases de datos. Actualmente enfoca as súas tarefas de investigación na aplicación de técnicas de Machine Learning para a mellora de cálculos de Dinámica de Fluídos Computacional (CFD), temática da súa tese doutoral no Programa Interuniversitario de Doutoramento en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade en Enxeñería e Arquitectura da Universidade de Vigo. Prazas Aforo limitado.

Detalles

  • Data: Setembro 27, 2024
  • Hora:
    19:30 - 20:30
  • Categoría do Evento: